castelan galego

Persoeiros
Margarita Ledo Andión
   


  Margarita Ledo Andión  

Nada na vila de Castro de Rei o 5 de xaneiro do 1951. Licenciada en periodismo pola escola oficial de Barcelona no 1973. En 1981 realiza a súa tesiña de licenciatura de periodismo, sendo director da tese o catedrático D. Emilio Prado Pico. En 1986 accede o doutorado en ciencias da información pola universidade autónoma de Barcelona.

Actualmente e catedrática de universidade por concurso de acceso en xuño do 1993. Foi decana da facultade de ciencias da información de Santiago de Compostela. Dende 1993 e membro do comité editorial da fundación para o desenrolo da función social das comunicacións. No 1973 foi directora do encontro internacional de verano “Falso pero crible” que tivo lugar na universidade de Santiago de Compostela na facultade de ciencias da información.

No 1973 foi comisaria da exposición “Sobre Santiago. Tres Magnum”. No 1992 tamén foi comisaria da exposición “Sebastián Salgado. Outras Américas”. Durante o período1992/1994 foi coordinadora do programa de doutorada “2Os espazos da comunicación, novos paradigmas e función socioeconómica”, do instituto de desenvolvemento de Galicia. Dende 1977 fundou e dirixiu tres anos o seminario a “Nosa Terra”.A través da Xunta de Galicia e en colaboración coa dirección Xeral de medios de comunicación, consellería de Presidencia e Administración Pública, realiza a modo de investigadora individual o programa “Para un modelo de facultade de ciencias da información para Galicia”.

Autora de gran número de capítulos publicados en libros. Dos seus libros destacan:

  • ”Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto”, obra poética.
  • ”O corvo érguese cedo”, poesía.
  • ”Mamá Fe”, narrativa.
  • ”Trasalva ou violeta e 0 militar morto, narrativa.
  • ?”Linguas mortas, serial radiofónico”, narrativa.
  • ”Cadernos de viaxe”, narrativa.
  • ”Contos eróticos, elas”, narrativa.
  • ”Historias como Barcelona”, narrativa.
  • ”Foto-Xoc e xornalismo de crise”.
  • ”As mentiras da guerra”, sobre o conflito do Golfo e de documentalismo fotográfico comtemporáneo.
  • ”Da inocencia a lucidez”, sobre as novas conversas e a renovación do estilo documental.

Defensora da subxectividade fotográfica e da imaxe creativa, publicou con fotos de Xoán de Granada “A fábrica do Sur”.

Por circunstancias políticas de réxime franquista, sufriu persecución política e viuse obrigada a fixar a súa residencia na cidade portuguesa de O Porto, onde encargouse do lectorado de galego da facultade de letras desa cidade e organizou as “I xornadas de cultura galega no Porto”.

Pertenceu o comité da unión do pobo galego.