| |
|
|
|
|||||||
|
Nado na vila de Castro de Rei o 25 de febreiro de 1924, fillo de Francisco Falcón Rancaño que nacera en Santa María de Outeiro , neste termo municipal de Castro de Rei, labrador e que a sazón tiña 39 anos de idade e de Xenerosa Rodríguez López natural da vila de Castro de Rei. Foi aplicado estudante sentido especial interese polos estudos xurídicos, licenciado e mais tarde doutor pola universidade de Madrid con premio extraordinario. Foi técnico titulado da Administración Civil do estado e mestre nacional, pero sobre todo sempre foi un home de gran capacidade para o estudo, perfeccionando coñecementos en París e Coimbra, para logo exercer como profesor de dereito civil na universidade central. Entre os cargos desempeñados están os de xefe da sección de ensinanzas artísticas e da sección de fomento das belas artes, subdirector xeral de belas artes e durante o seu paso por este cargo foron acometidas importantes obras de restauración, entre elas a muralla romana de Lugo, consolidación e conservación do conxunto histórico-artístico de O Cebreiro (Pedrafita), e unha infinidade de monumentos da xeografía lucense.Supervisou gran número de escavacións arqueolóxicas, entre elas as primeiras realizadas no Castro de Viladonga que se levaron a cabo baixo a dirección de Manuel Chamoso Lamas. Entre outros traballos publicou “ O procedemento de disciplinas académicas, artes aplicadas e oficios artísticos, escolas superiores de belas artes, beneficios económicos e xurídicos das empresas que cumpran fins docentes e de investigación”. Participou en coloquios, conferencias, simposios, emitiu informes académicos e científicos acerca da súa especialidade. Foi Víctor de prata de SEU, así como comendador da orde de Afonso X o Sabio e de Cisneros, entre outras distincións. |
|
||||||||