| |
|
|
|
|||||||
|
Nado no pobo da Igrexa, feligresía de San Xoán de Riberas de Lea o 28 de setembro de 1900. Faleceu na residencia da terceira idade de San Roque de Lugo o día 10 de outubro de 1995. En Castro estudou as primeiras letras, pero o groso da súa formación realizouna no seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, onde estudou o bachalerato elemental e despois o superior, para continuar coa carreira eclesiástica, ordeuse de menores e concluíu tódolos estudos sacerdotais ademais de permanecer no seminario un ano máis estudando arqueoloxía. A súa traxectoria literaria estivo estreitamente vinculada ca cidade del Masma, pois alí iniciase culturalmente e alí tivo as súas mellores amizades, Álvaro Cunqueiro, Antonio Noriega Varela, Francisco Fanego Losada, Francisco Fernández del Riego, Xosé Díaz Jácome, entre moitos outros. Nesta cidade episcopal e catedralicia de Mondoñedo adícase de cheo as tarefas periodísticas e literarias.Foi redactor xefe da revista Acción Social, que era un periódico de enorme influencia entre as sociedades agrarias e católicas da época, moi numerosas nas décadas dos anos 20 e 30.Nesta cidade (Mondoñedo), dito semanario xogou un papel transcendental cara a concienciación dos sindicatos agrarios, destacando como principal fundador da publicación o avogado e rexistrador da propiedade Antonio Maseda Bouso, compañeiro na dirección do periódico de Xosé Antonio Trapero Pardo. Foi director dos seminarios Xustiza e Renovación, fundador e director do seminario Villibría, que acolleu os primeiros traballos de figuras despois tan destacadas como Francisco Fernández del Riego, Xosé Díaz Jácome ou Álvaro Cunqueiro. A súa vinculación as organizacións católicas do seu tempo foi un factor determinante para a súa chegada a Lugo, reclamado polo diario La Voz de la Verdad, no que foi redactor xefe e director ata o seu pase a El Progreso no 1938, onde permaneceu ata a súa xubilación.Chegou a este periódico en calidade de redactor. Cabe destacar que foi Trapero Pardo quen fixo revivir nas páxinas do mesmo a partir do 1939 o famoso Pelúdez, personaxe popular das festa patronais do San Froilán, ademais da súa esposa Filomena, a seu fillo Peludiciño e ultimamente a noiva deste Vanesa. Foi no progreso onde Trapero iría recorrendo profesionalmente case tódalas escalas, redactor xefe, subdirector e director. Ademais das publicacións pertenceu dende a súa fundación a comisión provincial de monumentos históricos e artísticos de Lugo, así como do Patronato do Museo Provincial de Lugo. Colaborou coa emisora Radio Lugo dende a súa fundación con temas varios, mantendo durante máis de 30 anos unha colaboración diaria. Dirixiu por certo tempo o semanario viveirense El Heraldo de Viveiro, fíxose cargo da mesma e foi director e redactor da revista LVCVS. Deixa publicados infinidades de artigos como crítico de arte, e de ditos populares, costumes e relatos da súa terra natal, recollidos estes case exclusivamente en El Progreso. Deixa escrito, ademais de infinidade de artigos, varias obras e folletos das que destacaremos os seguintes títulos:
|
|
||||||||